Tuesday 07 de May de 2024

A Noite de jazz conquistará O Temple o sábado no Ramón Barba


O vindeiro sábado 6 de agosto a partir das 22.00h terá lugar a Noite de Jazz organizada polo Concello de Cambre e a Deputación de A Coruña no Parque Ramón Barba, O Temple.

O primeiro dos participantes é Quintento Cimarrón que presenta Aires Tropicales. Este espectáculo está integrado pola música clásica, popular, moderna, cubana e con matices de jazz. Tódos os integrantes do quinteto proceden de Cuba aínda que están afincados en Galicia desde fai 20 anos. on especialmente coñecidos polas súas colaboracións internacionais co popular clarinetista cubano Paquito D. Rivera.

Pechará a Noite de Jazz o trío Azougue, composto por Pedro Lamas, Xosé Lois Romero e Jacobo de Miguel. A súa proposta musical presenta un mundo musical no que a Word Music conflúe coa música clásica e o jazz, gardándolle un espazo destacado a música tradicional galega.